Castelao
Xosé Luís de Dios
Xosé Luis de Dios realiza nesta calcografía un retrato de Castelao. Esta técnica sérvelle tamén para apreciar as características que o autor reflexa na súa produción pictórica. Así, a primeira impresión que nos produce a obra é dunha certa "barroquización" ao non deixar ningún espazo baleiro. Compón o gravado a base de tres niveis: no centro o retrato de Castelao nunha gama de grises; ao redor un enmarque en tonalidades sepias no que se distinguen distintos motivos figurativos: un prisma, un perfil humano clásico, follas de árbores e follas de papel, así como formas xeométricas. Un último enmarque, raiado e máis escuro, sérvelle ao artista para autorretratarse na parte inferior. Asinado no a.i.d: "De Dios 79". Nº de serie :3/75
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000232
Título:
Castelao
Temas:
Masculino
Data:
1979
Técnicas:
Gravado
Dimensións:
Alto: 54 cm Longo: 39 cm (ventana) Alto: 76,3 cm Longo: 55,3 cm Ancho: 2,5 cm (con marco)
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría