Chaqueta boliviana
Chaqueta de pana procedente de Bolivia de cor granate, con pescozo de forma cadrada e mangas folgadas que se estreitan no puño. Na parte inferior remata en ondas que levan cosido un floco a base de fíos brancos de algodón. A prenda está bordada co mesmo tipo de fío branco ao redor do pescozo e na parte dianteira a base de motivos xeométricos e vexetais; tamén leva bordados motivos decorativos sobre as ondas do remate inferior. Debaixo dos ombreiros e nos puños obsérvanse os únicos lugares onde hai fíos en cores azuis e amarelos. No interior leva cosido un tecido de cor claro. Pertence ao legado de José Casares Gil.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1327
Título:
Chaqueta boliviana
Dimensións:
Alto: 52 cm, largo: 42 cm ; manga: 49 cm
Materiais:
Algodón
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
