Chinelas orientais
Par de chinelas realizada co trenzado dunha fibra moi fina de orixe vexetal. De procedencia oriental, posiblemente Filipinas, pertencen á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0001110
Título:
Chinelas orientais
Data:
Século XIX (?)
Dimensións:
Longo: 270 mm, Ancho: 100 mm
Materiais:
Téxtil
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia