Cinco mulleres
Virxilio Fernández Cañedo
Obra que representa cinco mulleres de poses relaxadas e aires ausentes; mulleres vistosamente vestidas, con faldas longas, con panos na cabeza. Son característicos na obras sobre táboa, como esta, os trazos en relevo, espraiándose na ornamentación en realce das roupas das campesiñas, a modo dos bordados populares. Recrea un universo de inxenuidades e elementalidades, impregnado dun primitivismo popular. Asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000684
Título:
Cinco mulleres
Temas:
Costumista
Data:
1970
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 100 cm Longo: 200 cm Ancho: 4 cm
Materiais:
Táboa
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais