Colar
Colar feito con doas de madeira de forma circular e biselada, onde se van intercalando dez pezas pequenas e unha de maior tamaño. Na parte inferior remata cunha doa de maior tamaño, doas pequenas, unha peza transversal alongada e unha borla de fíos de algodón. Posiblemente procedente da rexión arxentina do Gran Chaco.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1229
Título:
Colar
Dimensións:
Alto: 48 cm; diámetro doa grande: 7 mm
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
