Conxunto cerámico de fragmentos de pratos

Nove fragmentos de pratos, algúns coa superficie exterior bruñida, de cor negro e con engobe vermello pompeián na cara interior. Procedentes de Cadebarcos - Bares (Mañón, A Coruña), pertencen á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0001137
Título: Conxunto cerámico de fragmentos de pratos
Data: Época romana - castrexa
Técnicas: 
Cerámica
Dimensións: 
Diámetro aproximado: 100 mm