Copia en miniatura da Porta do Sol de Tiwanaku
Baixo relevo, traballado por unha das súas caras. Representa unha figura antropomorfa con báculos en ambas mans que rematan en cabezas de aves; a cabeza con toucado que irradia apéndices con cabezas de aves; aos pes, a metade superior da pirámide escalonada. A cada lado do personaxe central, catro cadrados con figuras de perfil mirando cara a figura principal. Parece representar de forma esquemática o personaxe central da Porta do Sol do sitio arqueolóxico de Tiwanaku e parte das catro filas de figuras, dúas con seres humanos alados e as outras dúas de aves con pernas aladas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
