Coroa
Toucado circular que leva anoado unha cinta longa con trama de sarga en dúas cores. Tanto a cinta como a zona vertical do armazón que va encaixada na cabeza poden ser folla de palma, moi utilizada nos traballos de cestería. A parte superior do armazón está formada por distintas varas onde se debuxa un patrón de tipo triangular formado por fíos vexetais. Este tipo de coroas realizadas con carrizo e que adoitaban adornarse con plumas, son propias do grupo indíxena Ashaninka amazónico do Perú. Legado de José Casares Gil.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1224
Título:
Coroa
Dimensións:
Alto: 4,5 cm; largo máximo: 32 cm; diámetro: 23 cm
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
