Cristo
Manuel López Garabal
Obra de temática relixiosa realizada na etapa de madurez do autor. Trátase dunha escena de Crucifixión, que concentra toda a súa expresividade na dor e no sufrimento dese Cristo que, aínda sen desfalecer, mantén tensa a musculatura e parece a piques de retorcerse pola tortura. Trátase dun estudo preparatorio para o Cristo na Cruz de San Fiz de Solovio. Están presentes as características da etapa na que foi feito: un potentísimo debuxo, que perfila e define a figura, logrando unha perfecta representación da dor. A técnica do cadro -o carbón- sérvelle para crear un ambiente lúgubre e escuro no que sucedeu a escena. Asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000623
Título:
Cristo
Temas:
Relixioso
Vida de Xesús
Crucifixión
Data:
1960
Técnicas:
Carbón
Dimensións:
Alto: 215 cm Longo: 164 cm (sen marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia