Cunca mexicana
Cunca de cabaza lacada con fondo vermello e decorada con motivos animais e vexetais. No fondo do interior represéntase un coello e, no borde, unha banda azul con aves e vexetación. Na zona externa, a base está pintada de fondo negro con motivos florais e a palabra “Recuerdo”. O lacado é unha técnica tradicional que xa usaban nas culturas mesoamericanas que consiste na aplicación de aceites -como o de chía- mesturados con pigmentos. Forma parte do legado de José Casares Gil.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1201
Título:
Cunca mexicana
Data:
1924
Dimensións:
Alto: 8 cm; diámetro boca: 17,4 cm
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
