Cura lendo
Rafael Úbeda Piñeiro
No primeiro plano desta obra, transcorre a repousada escena do cura rural lendo mentres pasea, nun marco paisaxístico excepcional que pecha o fondo. Así, tralo párroco vemos un primeiro telón arquitectónico, de murallóns e casas, de definidos volumes xeométricos e tras elas un segundo telón, esta vez de altas montañas, facetadas en planos xeométricos, nos que se expón unha ampla gama cromática de verdes. Asinado no a.i.d. "R. Úbeda"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000125
Título:
Cura lendo
Temas:
Paisaxe con figuras
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 37 cm Longo: 47 cm (sen marco) Alto: 53 cm Longo: 63 cm Profundidade: 3 cm (con marco)
Materiais:
Táboa
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia