A Danza

José Castiñeiras Iglesias

Moi próxima á abstracción, Castiñeiras presenta nesta obra unha figura que, polo seu movemento, parece estar a facer un paso de baile, o cal lle dá o título da obra. Nela está patente o gusto do autor polo movemento danzante, polo xiro, influencia de Archipenko, escultor ucraíno. Perfecto coñecedor dos materiais, realiza a peza en durita, unha especie de granito negro; traballa coas posibilidade que lle ofrece esta pedra e, así, pule practicamente toda a peza exceptuando unha pequena parte que se corresponde coa cabeza da figura. Obra tecnicamente máis evolucionada na que substitúe os planos en repouso iniciais pola acción, pola procura de movemento.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000731
Autoría: José Castiñeiras Iglesias
Título: A Danza
Temas: 
Abstracto
Data: 1970
Dimensións: 
Alto: 80 cm Longo: 20 cm Ancho: 15 cm  Peaña: 11,5 x 17,5 x 15 cm
Materiais: 
Dunita
Localización: Casa da Balconada