Debuxo
Alfonso Sucasas Guerra
De enorme carga expresionista, Sucasas presenta neste debuxo a angustia vital dun home que, de xeonllos e coas mans levantadas, parece suplicar algo. Sitúa o protagonista no primeiro termo dun espazo ao fondo do cal aparece unha barca varada e a lúa. Ambiente nocturno, escuro e negro, no que tan só se ilumina o home. Ofrece Sucasas unha dura visión existencial do home e da condición humana na que están presentes a soidade e a angustia. Supón un excelente exemplo da capacidade do autor para o debuxo; aproveita as capacidades que esta técnica lle ofrece para perfilar a figura e definir os seus rasgos, crear as zonas de sombras, zonas difuminadas e outras raiadas. Comprado á Galería Citania en 1981. Asinado no a.i.d.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000740
Título:
Debuxo
Temas:
Figura de
Home
Data:
1971
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 61 cm Longo: 48,5 cm Ancho: 3 cm (con marco) Ventá do passpartout: Alto: 42 cm Longo: 30 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Balconada