Debuxo 2
Luís Seoane
Dentro da etapa inicial de Seoane inclúese este debuxo no que se representa a dúas mulleres; á dereita, unha muller sentada sobre unha rocha e, á esquerda, outra que parece máis nova, espida con árbores detrás. O tema da muller convertirase na icona da representación de Luís Seoane, como homenaxe á muller campesiña galega. Trátase dun debuxo de gran sinxeleza pero que serve para amosar a destreza do autor nesta técnica e algunhas características que estarán presentes ao longo da súa produción: a solidez das figuras, a sinxeleza da composición e o gusto polas formas redondeadas, liña curva coa que crea o perfil das figuras. Asinado no ángulo inferior esquerdo. No lado dereito, a data.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000843
Título:
Debuxo 2
Temas:
Figuras
Muller
Data:
1943
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 35,5 cm Longo: 47 cm Profundidade: 0,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio Maior San Clemente