Diadema de ouro
Diadema de aliaxe de ouro e cobre, cinta de sección plana realizada a partir dunha lámina moi fina dobrada para axustar na cabeza con extremos redondeados con perforacións para suxeición con algún cordón téxtil. Procedente de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0001165
Título:
Diadema de ouro
Data:
Idade do bronce
Técnicas:
Fundición
Dimensións:
Diámetro: 130 mm, Ancho: 32,06 mm, Espesor: 0,3 mm, Peso: 19,13 g
Materiais:
Cobre
Ouro
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia