Diego de Muros

Plácido Fernández Erosa
José Manuel García Iglesias

O retrato que se fixo de Diego de Muros (ca. 1450-1525) por 1817 para a Universidade compostelá foi recoñecido como realizado por Plácido Fernández Erosa e promovido por Manuel Fernández Varela. Ten, en definitiva, unha composición moi similar á vista no retrato de Alonso de la Peña y Montenegro,  pintado por García de Bouzas na primeira metade do século XVIII. Todo parece indicar que debeu de haber un gravado  que parte do prelado relacionado coa fundación do colexio de San Salvador de Oviedo en Salamanca, probablemente realizado nos tempos en que Muros escribiu as súas Constitucións -1524-.

O retrato de Diego de Muros que se fixo en 1817 para a Universidade compostelá foi recoñecido como realizado por Plácido Fernández Arosa e promovido por Manuel Fernández Varela (P. Pérez Costanti, 1901). Xa Pérez Costanti sinalou o parecido existente entre esta obra e outra situada nesa época na Sala Real do Hospital de Santiago, tamén do mesmo pintor. Trátase neste caso dun cadro coñecido por unha ilustración na que se aprecia unha gran similitude entre ambas (J. Couselo Bozas, 1950, p. 180) e do que na actualidade descoñecemos a súa localización. Difire do identificado como alusivo á súa persoa (M. L. Sobrino Manzanares, M. D. Liaño Pedreira, 1991, pp. 636-637; A. Garrido Moreno, 2011, p. 757).

Estamos ante unha representación do personaxe en pé, cun fondo no que pode verse un cortinado e, a un lado, o seu escudo. Tamén vemos unha mesa na que apoia a súa man sobre un libro aberto e na que, ademais, se presenta un tinteiro con tres plumas e unha campaíña. Na fronte da mesa desenvólvese unha ampla cartela de formas barrocas (Vid. E. Fernández Castiñeiras, 1991, pp. 687-689; M. J. Bao Varela, 1995, pp. 204-205; C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996, pp.110-111). Ten, en definitiva, unha composición moi similar á vista no retrato de Alonso de la Peña y Montenegro pintado por García de Bouzas na primeira metade do século XVIII. Cal será neste caso, de partir dunha imaxe anterior, a fonte de inspiración que utiliza Arosa? Fernández Castiñeiras, citando a Artaza Malvárez, di que “no pazo de Vilagarcía, solar dos Mendoza Sotomayor, existía xa no século XVII un retrato de D. Diego de entre os familiares da casa (R. Artaza e Malvárez, 1959 p. 427; E. Fernández Castiñeiras, 1999, p. 270).

A cartela do retrato realizado por Arosa recolle “Illust. et REv. D.D. Didacus á Muros Ep. Ovet/ maj. S. Salv. Collegii apud Salm. Fundator./ E numero et vir./ aui XVI kal. Augusti au Dom. / Scholam compostellanam condidat”- cita, en primeiro lugar, á fundación salmantina de tal forma que a mención á “escola compostelá” pode entenderse como un engadido a un texto previo. Todo parece indicar que debeu de haber un gravado que parte dunha imaxe do prelado relacionado coa fundación salmantina, probablemente realizado nos tempos en que Muros escribiu as súas Constitucións -1524-.

Naceu probablemente en Cee, ca. 1450-1525, (J. Pardiñas y Villalobos, 1887, p. 111-115; A. López Ferreiro, 1905, pp. 49-51; J. L. Pérez de Castro, 1959, pp. 193-218;  J. García Oro, 1976; J. García Oro, 1998). É cóengo de Santiago en 1474. Estuda en Salamanca entre 1476 e 1484, ano no que é colexial de Santa Cruz de Valladolid (Vid. S. Andrés Ordax, 2005, pp. 71-73). Entre 1488 e 1495 é catedrático de prima de Teoloxía na Universidade de Sigüenza, mestrescola de Sigüenza e Secretario do Cardeal Mendoza. Desde 1494 ata 1497 é deán de Santiago de Compostela (S. Portela Pazos, 1944, pp. 182-202, 531-538). En 1499, mediante unha Provisión Real, encoméndaselle a posta en marcha do Hospital Real de Santiago, así como da súa Confraría (S. Andrés Ordax, 2003, pp. 176-178). En 1501 crea, con Diego de Muros II e Lope Gómez de Marzoa, o Estudo Xeral Compostelán (J. García Oro, 1976, pp. 81-99). Xa en 1505 é bispo de Mondoñedo (E. Cal Pardo, 2003, pp. 251-261) e en 1512 ocupa a sede ovetense. É entón, en 1514, cando crea o estudo salmantino de San Salvador de Oviedo para estudantes galegos e asturianos (J. M. Fernández Catón, 1960,  pp. 259-329; J. García Oro, 1976, pp. 99-108 ).

Tamén se coñece un debuxo cun retrato de Diego de Muros nun manuscrito, relacionado co arcediano de Tineo, Alonso Marañón de Espinosa, xa falecido en 1607. Descríbese do seguinte modo: “Na IV, o retrato, a pluma e en cores, de don Diego de Muros. Busto nun óvalo sostido por dous colexiais co uniforme do Colexio, escudo e atributos episcopais, e a seguinte inscrición: O ilustrísimo Señor D. Diego de Muros, bispo de Oviedo, fundador do Colexio Maior de San Salvador de Oviedo” (A. [Marañón de] Espinosa, 1957, p. 84). Gárdase na Biblioteca Nacional de Madrid (Reprodúceo R. Artaza y Malvárez, 1959, p. 427. Vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 186-189).

S. Andrés Ordax, 2003: S. Andrés Ordax, “El signo de Santa Cruz en el Patrimonio de Santiago de Compostela”, en M. C. Folgar de la Calle, A. Goy Diz, J. M. López Vázquez, Memoria artis: studia in memoriam Mª Dolores Vila Jato, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), t. I. pp. 165- 183.

S. Andrés Ordax, 2005: S. Andrés Ordax, Santa Cruz: arte e iconografía, el Cardenal Cisneros, el Cardenal Mendoza, el Colegio y los colegiales, Valladolid (Universidad), 2005.

R. Artaza y Malvárez, 1959: R. Artaza y Malvárez, La villa de Muros y su distrito, Pontevedra ( Imp. y Lib. E. Paredes Valdés), 1959.

M. J. Bao Varela, 1995: M. J. Bao Varela, “Retrato de Diego de Muros III”, en (Catálogo de Exposición), Gallaecia Fulget. V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela (1495-1995), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 1995, pp. 204-205.

E. Cal Pardo, 2003: E. Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, Mondoñedo-Ferrol (Publicaciones de Estudios Mindonienses), 2003.

J. Couselo Bouzas, 1950: J. Couselo Bouzas, La Pintura Gallega, A Coruña (Porto y Cia. Editores), 1950.

E. Fernández Castiñeiras, 1991: E. Fernández Castiñeiras, Un siglo de pintura gallega: 1750-1950 (Tesis doctoral inédita dirigida por J. M. García Iglesias), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago), 1991.

E. Fernández Castiñeiras, 1999: E. Fernández Castiñeiras, Plácido Fernández Arosa, en A. Pulido Nóvoa (dir.), Ata o Romanticismo. Artistas Galegos pintores, Vigo (Nova Galicia Edicións), 1999, pp. 261- 293

J. M. Fernández Catón, 1960: J. M. Fernández Catón, “El Colegio Mayor de San Salvador de Oviedo”, Studium Legioniense, 1 (1960), pp. 259-329.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

J. García Oro, 1976: J. García Oro, Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV, Vigo (Editorial Galaxia), 1976

J. García Oro, 1998: J. García Oro, GARCÍA ORO, J., Diego De Muros III, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 1998.

A. López Ferreiro, 1905: A. López Ferreiro, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central), t. VII, 1905.

A. Garrido Moreno, 2011: A. Garrido Moreno (dir.), Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña. II. Artes Plásticas (1990-2010), A Coruña (Diputación de A Coruña), 2011.

A. (Marañón de) Espinosa, 1957, A. (Marañón de) Espinosa, Vida de el Ilustrísimo Señor Don Diego de Muros, Obispo de Obiedo, y Fundador de el Colegio de San Salvador de Obiedo el maior de la Universidad de Salamanca, sacada de papeles y memorias de la Santa Iglesia de Obiedo por el Licenciado… Arzobispo (es Arcediano) de Tineo:, (Manuscrito 940 de la Biblioteca Nacional de Madrid), en Inventario General de Manuscritos de la Biblioteca Nacional. III. (897-1100), Madrid (Ministerio de Educación Nacional. Dirección General de Archivos y Bibliotecas. Servicio de publicaciones), 1957. pp. 80-84.

J. Pardiñas y Villalobos, 1887: J. Pardiñas y Villalobos, Breve Compendio de los Varones Ilustres de Galicia, A Coruña (Andrés Martínez-Editor), 1887.

C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996: C. Pereira, J. Suárez Otero, “Los fondos artísticos”, El Patrimonio Histórico de la Universidad de Santiago de Compostela. Catálogo, en VILA JATO, M. D. (coord.), Santiago de Compostela (Universidad de Santiago de Compostela- Parlamento de Galicia), 1996, pp. 83-155.

J. L. Pérez de Castro, 1959: J. L. Pérez de Castro, “Don Diego de Murosa, Deán de Santiago, Obispo de Mondoñedo y Oviedo y su Colegio de Salamanca”, Compostellanum, 4 (1959), pp. 193-218.

P. Pérez Costanti, 1909: P. Pérez Costanti, “D. Plácido Fernández, pintor”, El Eco de Santiago, 24-VII-1901, núm. 1909.

S. Portela Pazos, 1944: S. Portela Pazos, Decanologio de la S. A. M. Iglesia Catedral de Santiago de Compostela, Santiago (Cabildo de la S.A.M. Catedral), 1944.

M. L. Sobrino Manzanares, M. D. Liaño Pedreira, 1991: M. L. Sobrino Manzanares, M. D. Liaño Pedreira, Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña, I. Pintura y Escultura, A Coruña (Diputación de A Coruña), 1991.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000204
Autoría: Plácido Fernández Erosa
Título: Diego de Muros
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1816
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 182 cm  Ancho: 128,5 cm  Fondo: 8 cm (con marco)   Alto: 166 cm  Ancho: 112 cm (sen marco)
Materiais: 
Lenzo