Domingo Fontán

Antonio María Esquivel
José Manuel García Iglesias

Trátase dun retrato adquirido en poxa. É obra de Antonio María Esquivel, realizado en Madrid en maio de 1852. Este pintor romántico utiliza un cortinado verde, unha cadeira vermella, unha pilastra clásica e un globo terráqueo. Fontán (1788-1866), vestido de etiqueta, leva na súa man dereita un compás e apoia a outra sobre un mapa disposto sobre unha mesa. Leva no peito, desde 1848, a distinción que lle outorga Isabel II; Cabaleiro da Real e distinguida Orde Española de Carlos III.

Domingo Fontán é un dos personaxes de referencia da Universidade compostelá (vid. M. Ovilo y Otero, 1880, p. 34; J. Barcia Caballero, 1884, p. 18; J. López Medina, 1945, pp. 6-7, 34; A. Couceiro Freijomil, 1952, pp. 93-94; J. M. López Piñero, 1983, pp. 351-352; X. Filgueira Valverde, 1987; X. L. Vila Fariña, 1991; J. M. García Iglesias, 2002, pp. 27-28; X. R. Barreiro Fernández, 2003, pp. 279-281; G. Méndez Martínez; B. Cores Trasmonte, 2008, pp. 11-58; A. Torres Queiruga, M. Rivas García, 2008, p. 522; I. Fernández Pérez, J. A. Docobo Durántez, 2011, pp. 79-82; M. Barral Martínez, 2012). Tamén a Real Sociedade Económica da cidade de Santiago conta cun retrato seu. Debe considerarse como póstumo (E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, 2010, pp. 30-33). Os seus restos encóntranse no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, desde decembro de 1988 (vid. J. M. García Iglesias, 2016, p. 349).

Quen foi catedrático na Universidade compostelá, dirixiu a Sociedade entre 1860 e 1861 (B. Cores Trasmonte, 2008, pp.  47-49). Tiña 72 anos cando foi nomeado. Inspírase no de Esquivel, asinado en 1852 (E. Fernández Castiñeiras, 2002, p. 42). Móstrase recortado, a modo de busto, e engádeselle a medalla da Sociedade en forma aproximada a como o presenta en 1884 J. Osterberger a partir dun debuxo feito por José Pena Meléndez (vid. a súa reprodución en A. Fraguas e Fraguas, 1986, p. 5). Debe terse en conta que  a imaxe de Fontán foi tema a tratar por entón:  “...outorgaranse premios de escultura (aos alumnos da Sociedade Económica) polo bosquexo a tamaño natural en barro cocido ao xeso do ilustre galego D. Domingo Fontán...”  (Gaceta de Galicia, Diario de Santiago, 18, V, 1885. Vide. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 127-128).

Un medallón do  paraninfo, identificándoo como unha das personalidades máis egrexias vinculadas con esta institución, e un vítor supoñen outras presenzas súas importantes, do mesmo xeito que a do teodolito que el usou para facer o mapa de Galicia, ambos presentes na Sala de Profesores da actual Facultade de Xeografía e Historia (vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 233-234, 380).

J. Barcia Caballero, 1884: J. Barcia Caballero, “Nuestros Grabados·”, El Primer Centenario. Número extraordinario de la Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País, de Santiago. Santiago (Estab. Tip. de la Gaceta, Felipe de la Torre y Cª), 1884, pp. 17-19.

M. Barral Martínez, 2012: M. Barral Martínez, “Fontán Rodríguez, D.”, en URQUIJO GOTIA, M. (dir.), Diccionario Biográfico de Parlamentarios Españoles (DBPE), vol. II: 1820-1854, Madrid (Cortes Generales), 2012.

X. R. Barreiro Fernández, 2003: X. Barreiro Fernández (coord.), Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela (Parlamento de Galícia- Real Academia Galega) , 2ª Ed. 2003, 2 vols.

B. Cores Trasmonte, 2008: B. Cores Trasmonte, Domingo Fontán no Parlamento. Pontevedra (Deputación de Pontevedra), 2008.

A.Couceiro Freijomil, 1952: A Couceiro Freijomil, Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela (Bibliófilos Gallegos), II, 1952.

E. Fernández Castiñeiras, 2002: E. Fernández Castiñeiras, “ D. Domingo Fontán (propietario da casa da rúa do Villar nº 19...)”, en (catálogo de exposición), Historia e Arte na “Casa Grande do Pozo", Santiago de Compostela (Fundación Caixa Galicia), 2002, pp. 42-43.

E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, 2010: E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago. Catálogo dos fondos pictóricos, Santiago de Compostela (Real Sociedad de Amigos del País de la Ciudad de Santiago), 2010.

I.Fernández Pérez, J. A. Docobo Durántez, 2011: I. Fernández Pérez, J. A. Docobo Durántez, As Matemáticas e a Astronomia en Galícia, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 2011.

X. Filgueira Valverde, 1987: X. Filgueira Valverde, El Dr. Domingo Fontán Rodríguez (Porta do Conde, 1788- Cuntis, 1866) autor de la primera Carta Geográfica… , Pontevedra (Diputación Provincial de Pontevedra), 1987.

A. Fraguas Fraguas, 1986: A. Fraguas Fraguas, Real Sociedad Económica de Amigos del País. Primera Época. 1784-1813-1821, Santiago de Compostela (Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago), 1986 – Hay una reedición de 2008.

J. M. García Iglesias, 2002: J. M. García Iglesias, “Historia e Arte na “Casa Grande do Pozo”, Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galícia en (catálogo de exposición), Historia e Arte na “Casa Grande do Pozo”, Santiago de Compostela (Fundación Caixa Galicia), pp. 9-29, 52-67.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, pp. 127-128, 233-234, 349, 380.

J. López Medina, 1945: J. López Medina, “Domingo Fontán Rodríguez. Geógrafo y Matemático”, Finisterre. Revista de Galicia, III, 18 (1945), pp. 6-7, 34.

J. M. López Piñero, 1983: J. M. López Piñero et al.., Diccionario histórico de la Ciencia Moderna en España, Barcelona (Ediciones Península), 1983, Tomo 1.

G. Méndez Martínez, 2005: G. Méndez Martínez, Domingo Fontán, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 2005.

M. Ovilo y Otero, 1880: M. Ovilo y Otero, Hijos ilustres de la Universidad de Santiago, Santiago (Imp. de la Gaceta de Galicia), 1880.

A.Torres Queiruga, M. Rivas García, 2008: A. Torres Queiruga, M. Rivas García, (coord.), Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, Vigo (Xerais. Consello da Cultura Galega), 2008.

X. L. Vila Fariña, 1991: X. L. Vila Fariña, “Sinopsis biográfica de don Domingo Fontán Rodríguez (Portas 1788-Cuntis 1866)”, Pontevedra. Revista de Estudios Provinciales, 7 (1991), pp. 78-79.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000093
Autoría: Antonio María Esquivel
Título: Domingo Fontán
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1892
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 125,5 cm Ancho: 93 cm (sin marco) Alto: 156 cm Longo: 123 Fondo: 10 cm (con marco)
Materiais: 
Lenzo