Dous dedais hispano-árabes
Dous dedais de bronce con decoración de liñas cruzadas. De procedencia descoñecida e contexto cultural hispano-árabe, pertencen á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. Concretamente, ao conxunto número 57 do inventario de Viqueira descrito como: "Dos dedales hispanoárabes (USC972), una hebilla moderna (USC973), un casquete romano (USC974), dos palitas de bronce (USC975) y dos agujas de bronce (USC976)".
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000976
Título:
Dous dedais hispano-árabes
Técnicas:
Fundición
Dimensións:
Alto: 41 mm, Ancho: 22 mm, Peso: 25,3 e 18 g
Materiais:
Bronce
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia