Dous piñeiros
Virxilio Fernández Cañedo
Virxilio sérvese da paisaxe da súa contorna, das terras ourensás, para reflectilo na súa obra, o que lle confire un carácter íntimo e sentimental. Compón ordenadamente o espazo pictórico a través dos elementos cos que estrutura a obra: árbores no primeiro termo, campos no segundo, e outeiros no último. A verticalidade do tronco das árbores contrasta co carácter ondulante das copas e das montañas que Virxilio obtén a través da pincelada, de novo densa; No referido ás cores, vemos a preferencia do autor polo cromatismo forte, neste caso a base de tons verdes e terras. Asinado no ángulo inferior esquerdo.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000661
Título:
Dous piñeiros
Temas:
Paisaxe
Data:
1972
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 92 cm Longo: 73 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais