Dúas mulleres
Enrique Vidal Abascal
Xunto a unha vertente primitiva que bebe da tradición autóctona galaica, Vidal Abascal desenvolve outra vía que atopa as súas raíces no expresionismo de Nolde ou Ensor; así atopámonos dúas figuras, unha de elas de costas e agachada, e a outra de pé, xuntando as mans e xirando a cabeza como se estivese a mirar a outra muller. Son figuras robustas e sólidas que destacan nitidamente sobre o fondo vermello, expresivas; destaca a esaxeración na representación das mans e dos pés. Tecnicamente, Vidal Abascal emprega pinceladas largas e vibrantes, moi empastadas e cheas de luz. Asinado no ángulo superior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000695
Título:
Dúas mulleres
Temas:
Figura de
Data:
1974
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 97 cm Longo: 73 cm Sen marco Alto: 104 cm Longo: 80 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais