Emigrantes de regreso á cidade

Xosé Telmo Lodeiro Fernández

De espaldas ao espectador, Lodeiro mostra nesta obra dúas figuras abrazadas que se sitúan ante unha paisaxe apocalíptica, irreal, composta a base de campos de cor e formas xeométricas e iluminada cunha forte e irreal luz de atardecer. En canto ás figuras, ainda que moi esquematizadas, non chegan á simplificación absoluta que adoita presidir a súa produción figurativa, na que se distinguen as formas das cabezas, espaldas, brazos e pernas. Contrasta o perfil destas figuras contra a paisaxe, así coma as gamas cromáticas: mentres que as figuras compóñense a base de grises e verdes, a paisaxe baséase en tons vermellos, malvas e azuis. Asinado no ángulo inferior dereito, acompañado da data. Foi mercado á galería Citania en 1981.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000735
Autoría: Xosé Telmo Lodeiro Fernández
Título: Emigrantes de regreso á cidade
Temas: 
Figuras
Data: 1970
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 92 cm. Longo: 73 cm (sen marco) Alto: 95,5 cm. Longo: 76 cm Ancho: 5,5 cm. (con marco)
Materiais: 
Liño
Localización: Casa da Balconada