Enrique Raviña Rubira

Clara Fernández Marín

Aínda que na súa produción abondan máis as obras de temática costumista e paisaxística, Clara F. Marín realiza o retrato de D. Enrique Raviña Rubira, decano da Facultade de Farmacia entre 1989 e 1995. Presenta o personaxe sentado nunha cadeira e apoiando os brazos nunha mesa, na que aparecen distintos aparellos de laboratorio, facendo referencia a súa carreira. O personaxe viste traxe e leva como atributo a medalla da Real Academia de Farmacia. Tecnicamente, a autora domina perfectamente o debuxo, visible no modelado da figura e no detallismo no rostro. Crea perfectamente a sensación de profundidade e a captación atmosférica e de luminosidade a través da luz que entra pola ventá do último termo. Asinado no ángulo inferior dereito: "Clara F. Marín. 1995"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000567
Autoría: Clara Fernández Marín
Título: Enrique Raviña Rubira
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1995
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 135 cm Ancho: 115 cm Profundidade: 5 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Farmacia