Entre auga e terra

Nolo Suárez

Seguindo unha composición simétrica, Nolo Suárez presenta unha obra sobre táboa que divide en dous a través dunha franxa de cor verde. Á esquerda sobre un fondo de cores verdosas e amarelas, superpóñense tres círculos azuis, que teñen a súa correspondencia na outra metade da obra con tres rectángulos de cores laranxas sobre un fondo azul; unindo ambas partes unha franxa branca de forma ondulante. As cores húmidas aparecen como esvarando sobre o soporte pictórico, dando a sensación de que é o propio tempo o que configura o resultado final. Asinado no aid. Doazón do autor.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000631
Autoría: Nolo Suárez
Título: Entre auga e terra
Temas: 
Abstracto
Técnicas: 
Acrílico
Dimensións: 
Alto: 80 cm Longo: 120 cm sen marco Alto: 82 cm Longo: 122 cm
Materiais: 
Táboa