Escudela
Recipiente de cerámica de forma aberta, de corpo semiesférico, con apéndices de borde redondeados, base plana color vermello, no interior presenta decoración negra. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1284
Título:
Escudela
Dimensións:
Alto: 3 cm; diámetro boca: 12 cm
Materiais:
Arxila
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
