Escudelas de cobre
Conxunto de 4 escudelas de cobre, dúas redondas, tipo cunca, e dúas cadradas. A tarxeta que as acompaña indica "objetos de cobre de la mina y fábrica de Huanicamatu en Chile". Pensamos que a transcrición da tarxeta non é correcta, xa que non atopamos ningunha mina con ese nome. Podería ser a mina de Chuquicamata, considerada unha das máis grandes no seu momento, que foi explotada de forma industrial entre 1915 e 2007, pero explotada dende tempos precolombinos. Pertencen ao legado de José Casares Gil.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1338
Título:
Escudelas de cobre
Técnicas:
Fundición
Materiais:
Cobre
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
