Eva e Adán
Alfonso Sucasas Guerra
Neste gravado, Sucasas parece facer unha reinterpretación do tema Expulsión do Paraíso de Adán e Eva, que varias veces realizaría ao longo da súa produción artística. Así, ante unha paisaxe de fondo, o autor presenta sobrevoando dúas figuras, unha masculina e outra feminina que parecen fuxir. Realiza o gravado cunha soa tinta; o seu coñecemento e capacidade para o debuxo, permítelle crear perfectamente as siluetas das figuras, volumétricas e de formas redondeadas, características do autor. Comprado á galería Citania en 1981 Asinado no a.sd.:"SUCASAS"/70
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000235
Título:
Eva e Adán
Temas:
Bíblico
Data:
1970
Técnicas:
Plumiña
Dimensións:
Alto: 30 cm Longo: 37,5 cm Ancho: 1,5 cm Alto: 17 cm Longo: 24,2 cm (ventá do passpartout)
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría