Familia
Acisclo Manzano Freire
Nas súas primeiras obras, Acisclo traballa exclusivamente coa madeira; neste caso temos unha talla de estilo expresionista dun grupo composto por un home, unha muller e un neno. Con respecto da técnica, obsérvase a talla da gubia ao traballar a madeira con incisións e cortes alongados. Son figuras estilizadas, ríxidas e ausentes de movemento; aparece xa a valoración do oco que se convertirá nunha característica da súa obra.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000373
Título:
Familia
Temas:
Figura de
Home
Muller
Neno
Data:
1962
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 187 cm Longo: 60 cm (peaña) Ancho: 64 cm (peaña)
Materiais:
Madeira
Castiñeiro
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais
