Felipe Antonio Gil Taboada

Autoría descoñecida

O retrato de Felipe Gil Taboada segue o esquema de retrato de poder. Este represéntase de pé, lixeiramente xirado e mirando cara fóra, o que é sinal de que está posando. É un retrato en tres cuartos, no que o bispo faise representar co hábito composto por muceta azul e vermella, roquete branco rematado con puntillas nas mangas e na parte inferior, cruz peitoral e anel. A man dereita está apoiada nun libro colocado sobre unha mesa na que tamén aparece o bonete, o palio arcebispal branco con cruces bordadas e a cinta de colexial vermella. Ao fondo intúese nun moble un papel branco coa seguinte lenda: "PHILIP. GIL TABOADA/ ARCHIEP. HISPALENSIS/ STATUS A CONSILIIS/CASTELLAE SENAT./ GUBERNATOR". Unha pegatina no reverso sinala unha ubicación anterior: "Facultad de Derecho/ decanato 2".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000193
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Felipe Antonio Gil Taboada
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1777
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 108 cm Longo: 84 cm Sen marco Alto: 124,5 cm Longo: 100 cm Ancho: 6 cm Listón de 1 cm no lado esquerdo e na parte superior e inferior
Materiais: 
Lenzo