Felipe de Castro
Este retrato ten un precedente: o que sobre o mesmo personaxe pinta Antonio Rafael Mengs. Nel aparece o retratado apoiando o seu brazo dereito sobre unha cabeza de león e portando na dereita un compás. Gregorio Ferro reinterpreta o tema, facendo neste caso que sexa a man dereita a que se pouse sobre a cabeza do león. Disponse o personaxe no seu propio taller, no que ten unha especial presenza un busto de Frei Martín Sarmiento.
Felipe de Castro sostén un libro que parece ofrecer ao espectador. Trátase dun tema que se axeita perfectamente ao destino que a pintura ten de ser un recoñecemento a quen doa a súa biblioteca á Universidade, que paga esta obra en 1795 e manda colocala na librería universitaria.
O seu retrato nesta Universidade conta co citado precedente do realizado por Antonio Rafael Mengs (J. M. B. López Vázquez, 1987, pp. 137-149; R. Estévez, 1995, p. 380; C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996, pp. 102-103; E. Fernández Castiñeiras, 1999, pp. 238-240; E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 1999; M. A. Tilve Jar, 2009, p. 34). Foi reproducido en gravado por Francisco Ribelles en 1805 (E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 1999, pp. 225-227). O dito gravado foi realizado a partir dunha copia de Cosme de Acuña, no que aparece o retratado apoiando o seu brazo dereito sobre unha cabeza de león e portando na dereita un compás (J. Jordán de Urriés y de la Colina, 2000, p. 78).
Do fondo neutro da obra, que debe tomarse como punto de partida, pásase aquí a xerar un escenario para a composición que é o seu propio taller, no que ten unha especial presenza un busto de Frei Martiño Sarmiento, obra do escultor e ao que o pintor Ferro tamén lle fixo un retrato (J. Crespo del Pozo, 1972, pp. 343-351). Deste xeito xérase entre eles un grao de afinidade, que inclúe ao propio Sarmiento, pola relación que os tres teñen con Galicia.
Neste caso, o compás que leva Castro na obra de Mengs, Ferro pono sobre unha mesa nunha posición moi próxima xa que deixa libre a dereita para tomar con ela un libro, que parece ofrecer ao espectador. Trátase dun tema que se adecúa perfectamente ao destino que a pintura ten: ser, como se dixo, un recoñecemento á doazón que Castro fixo da súa biblioteca á Universidade, que paga esta pintura en 1795 (E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 1999, pp. 178-180). Xa por entón mándase colocar na librería universitaria (E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 1999, p. 180).
Esta pintura conta na súa base cunha inscrición que di: CASTRUS ADEST: VULTUS QUOS IPSE E MARMORE DUXIT, / NATURA ASPICIENS, CREDIDIT SUOS. Ademais, faise referencia a dous anos; un ponse en relación coa pintura, 1801; o outro, coa inscrición, o de 1813. Sobre esta lenda López Vázquez achega unha valiosa información: “o pintor Garabal, a finais dos anos 60, descubriu subxacente unha inscrición indescifrable baixo o dístico...” (E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 1999, p. 221. Vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 182-184, 378).
Naceu en Noia (1704-1775) e tivo a súa primeira aprendizaxe como escultor en Santiago. Viaxou por Lisboa (1724), Sevilla (1726) e Roma (1733). En 1747 volve a España. Por 1752 foi un dos impulsores na posta en marcha da Real Academia de Belas Artes de San Fernando sendo o seu director en 1762. Tamén foi un dos socios fundadores da Real Sociedade Económica Matritense. A Universidade de Santiago garda ‘papeis’ deste escultor (F. de Castro, 1775. Vid. C. Bedat, 1965; C. Bedat, 1968; C. Bedat, 1969; C. Bedat, 1970; C. Bedat, 1971; X. X. Mariño, 2004, pp. 27-35; A. Celis Sánchez, 2005; X. X. Mariño, 2005; M. A. Tilve Jar, 2009, pp. 33- 55).
Este personaxe relaciónase coa biblioteca pública: “a súa sección antiga constitúena os libros regalados polo célebre escultor Castro, fillo da provincia” (R. Álvarez da Braña, 1991, p. 50. Vid. C. Bedat, 1969; C. Bedat, 1970, pp. 373-412; C. Bedat, 1971, pp. 23, 43-54, 140). No mesmo sentido dise: “Contribuíron ao seu aumento os donativos de libros feitos polo soado Arquitecto D. Felipe de Castro” (Anuario, 1882, p. 176; A. Brañas Menéndez, 1885, p. 201). En ambos os casos chama a atención esa consideración como arquitecto do escultor Felipe de Castro, condición noutros momentos recoñecida: “A cedida polo soado escultor D. Felipe de Castro (A. Milón y Reales, 1895, p. 127). Tal legado recóllese no seu testamento: “Entre os legados merece citarse o de don Felipe de Castro, insigne escultor de Carlos III, cuxo testamento consérvase copiado no Arquivo da Universidade (Libro de Testemuños de Visitas da Real Universidade de Santiago. Fol. 14-16)” (C. Torres Rodríguez, 1965, p. 111) e ten, no seu momento, unha indubidable importancia (vid. O. Rey Castelao, 2001, pp. 416-423).
R. Álvarez de la Braña, 1991: R. Álvarez de la Braña, Guía del viajero en Santiago, León (Est. Tip. de Miñón), 1875. Se cita desde la siguiente edición: Vigo (El Correo Gallego), 1991.
Anuario, 1982: “Biblioteca Universitaria de Santiago”, Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Anticuarios 1882, Madrid (Imprenta del Colegio Nacional de Sordo-Mudos y de Ciegos), 1883, pp. 176-180.
C. Bedat, 1965: C. Bedat, El escultor Felipe de Castro, Santiago de Compostela (Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos), 1965
C. Bedat, 1968: C. Bedat, Un manuscrito del escultor Don Felipe de Castro ¿esbozo inédito de una parte del “Viaje de España”?, Madrid (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Diego Velázquez), 1968. s. p.
C. Bedat, 1969: C. Bedat, “La Bibliotheque du sculpteur Felipe de Castro”. Melanges de la Casa de Velázquez, V (1969), pp. 363-410.
C. Bedat, 1970: C. Bedat, “Les sources et l´originalité du sculpteur Felipe de Castro: 28 dessins inédits”, Melanges de la Casa de Velázquez,VI (1970), 373-412.
C. Bedat, 1971: C. Bedat, “El escultor Felipe de Castro”, Cuadernos de Estudios Gallegos, An ejo XX (1971).
A.Brañas Menéndez, 1885: A. Brañas Menéndez, “La Universidad de Santiago”, Memoria Anuario del Curso 1883-1884, Santiago (Tipografía de Jose Mª Paredes), 1885, pp. 199-209.
F. de Castro, 1775: F. de Castro, [Papeles del escultor Felipe de Castro] [Manuscrito]. Santiago de Compostela (Biblioteca Xeral de la USC), 1775.
A.Celis Sánchez, 2005: A. Celis Sánchez, Los masones, Madrid (Alba Libros, S. L.), 2005.
J. Crespo del Pozo, 1972: J. Crespo del Pozo“Apuntes para la genealogía del P. Sarmiento”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII (1972), pp. 343-351.
R. Estevez, 1995: R. Estevez, “Retrato de Felipe de Castro”, en (Catálogo de Exposición), Gallaecia Fulget. V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela (1495-1995), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 1995, pp. 380-381.
E. Fernández Castiñeiras, 1999: E. Fernández Castiñeiras, “Gregorio Ferro”, en PULIDO NOVOA, A. (dir.), Ata o Romanticismo. Artistas Galegos pintores, Vigo (Nova Galicia Edicións), 1999, pp. 229-259.
E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, 2002: E. Fernández Castiñeiras, J. M. B. López Vázquez, B , Gregorio Ferro, Santiago de Compostela (Concello de Boqueixón), 2002.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.
J. Jordán de Urriés y de la Colina, 2000: J. Jordán de Urriés y de la Colina, “Sobre la “Lista de las pinturas de Mengs, existentes, o hechas en España, Boletín del Museo del Prado, XVIIII, 36 (2000), pp. 71-84.
J. M. B. López Vázquez, 1987: J. M. B. López Vázquez, “O retrato de Felipe de Castro da Universidade de Santiago”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 37, 102 (1987), pp., 137-149.
X. X. Mariño, 2004: X. X. Mariño, “Felipe de Castro: vida e obra”, Alameda. Revista da Sociedade Liceo de Noia, 16 (2004), pp. 27-35.
X. X. Mariño, 2005: X. X. Mariño, Felipe de Castro no seu III centenário, Noia (Casa da Gramática- I.E.S. Virxe do Mar) 2005.
A.Milón y Reales, 1895: A. Milón y Reales, “Universidad de Santiago”, Boletín Oficial de la Dirección General de Instrucción Pública, 3 (1895), Madrid (Tipografía de los Hijos de M. G. Hernández), 1895, pp. 107-152.
C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996: C. Pereira, J. Suárez Otero, “Los fondos artísticos”, El Patrimonio Histórico de la Universidad de Santiago de Compostela. Catálogo, en . D. Vila Jato (coord.), Santiago de Compostela (Universidad de Santiago de Compostela- Parlamento de Galicia), 1996, pp. 83-155.
O. Rey Castelao, 2001: O. Rey Castelao, “Las donaciones ilustradas a la Biblioteca de la Universidad de Santiago”, en X. Balboa López, H. Pernas Oroza (ed.), Entre nós. Estudios de Arte, Xeografía e Historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2001, pp. 413-437.
M. A. Tilve Jar, 2009: M. A. Tilve Jar, “De Felipe de Castro a Fernando Álvarez de Sotomayor: una visión plástica a través dos fondos do Museo de Pontevedra”, en (Catálogo de Exposición) Do neoclasicismo ao naturalismo na arte galega : colección do Museo de Pontevedra Pontevedra, Pontevedra (Museo de Pontevedra), 2009, pp. 33-55.
C. Torres Rodríguez, 1965: C. Torres Rodríguez, “Las Constituciones de la Biblioteca Universitaria de Santiago y su primer Catálogo en el siglo XVIII”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XX (1965), pp. 109-119.