Figura antropomorfa

Ana Abella Galego

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva banda cefálica con zona inferior decorada con rombos e zona superior lisa; faixa ventral decorada con formas triangulares e saia. Destacan a boca, ollo e nariz en relevo de formas xeométricas. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1256
Título: Figura antropomorfa
Dimensións: 
Alto: 11,2 cm; largo: 2,2 cm; profundidade: 2,2 cm
Materiais: 
Calcaria