Figura antropomorfa
Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática por ambas caras, de estética incaica. Unha delas representa unha figura feminina que leva toucado con decoración en zig zag, dous círculos simulando os seos, con brazos e mans pegadas ao peito. Na outra cara, figura masculina con toucado sinxelo; brazos e mans pegadas ao peito e faixa ventral decorada con liñas diagonais entrecruzadas. Segundo o Catálogo Sistemático de Amparo Redondo, realizouse unha análise metalográfica no Museo de América de Madrid, determinando que a peza está realizada en latón e que, polo seu baixo contido en zinc, dataríase no século XVII.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1276
Título:
Figura antropomorfa
Data:
Século XVII
Dimensións:
Alto: 5,5 cm; largo: 2,6 cm; profundidade: 1,3 cm
Materiais:
Latón
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
