Figura antropomorfa
Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cunha cabeza entre elas; leva unha banda cefálica cunha zona inferior estreita con decoración incisa en zig zag e a superior máis ancha con decoración incisa de liñas verticais; faixa ventral decorada a base de incisións formando rombos e saia decorada con motivos xeométricos. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen noutras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e hoxe en día nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
