Figura antropomorfa
Figura antropomorfa feminina de vulto redondo. Está representada sentada, cos brazos cara adiante suxeitando un obxecto cilíndrico entre as súas mans. A cabeza ten unha forma triangular, con trazos moi esquemáticos e leva un peiteado con dúas trenzas que caen cara as costas; o vestido está traballado a base de incisión verticais. É unha miniatura ou illa que xa podemos encontrar en contextos arqueolóxicos e hoxe en día véndense nas feiras das Alasitas ou miniaturas. Encontramos unha peza moi semellante no catálogo “Almas de la piedra” publicado por MUSEF (cat 48, páx 384) que, como explica, utilizábase polos comerciantes para garantir a prosperidade nos negocios.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1267
Título:
Figura antropomorfa
Dimensións:
Alto: 2,8 cm; largo: 1,2 cm; profundidade: 1,8 cm
Materiais:
Calcaria
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
