Figura antropomorfa
Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva unha banda cefálica cunha zona inferior con incisións que forman rombos e a superior que remata en picos. Destacan os grandes ollos e o nariz triangular. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen noutras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. Pertence ao legado de Gumersindo Busto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1268
Título:
Figura antropomorfa
Dimensións:
Alto. 3,1 cm; largo: 1 cm; profundidade: 1 cm
Materiais:
Calcaria
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
