Figura de felino

Ana Abella Galego

Figura zoomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Representa un felino deitado sobre as súas patas. Ten decoración incisa a base de liñas dobres que se entrecruzan e formas pechadas que parecen simular as manchas do felino. Na cultura de Mesoamérica, o xaguar é unha imaxe que se repite nas expresións artísticas e culturais. É considerado o señor dos animais e portador de enerxías sagradas do inframundo. É un dos animais sagrados de Tiwanaku e podería estar relacionada co resto de pequenas pezas da colección, xa que o material e a execución é similar en todas elas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos encontralas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras da Alasita ou miniaturas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

 

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1253
Título: Figura de felino
Dimensións: 
Alto: 4,8 cm; largo: 4 cm; profundidade: 8 cm
Materiais: 
Calcaria