Figura feminina en ámbar

Autoría descoñecida

Pequena escultura que representa unha figura feminina con cabelo longo, vestindo unha túnica. O corpo da figura e o cabelo parecen de ámbar e a cara de óso, marfil ou material cerámico pintado. Está realizada en dúas pezas unidas na cintura. Peza situada no cadeirado dereito do salón de graos de San Xerome. Posiblemente formaba parte do Gabinete de Curiosidades, aínda que este extremo non está documentado.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000179
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Figura feminina en ámbar
Técnicas: 
Talla
Dimensións: 
Alto:13 cm Longo: 4,5 cm Ancho: 3 cm
Materiais: 
Ámbar