Figura Ushebti
As Ushebti son pequenas estatuas funerarias que se usaban no Antigo Egipto. Esta é unha figura de pé cos brazos pegados ao corpo. Home con barba. Peana de madeira pintada de negro. Material poroso verde escuro. Posible procedencia dunha tumba de Cádiz. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000941
Título:
Figura Ushebti
Data:
Fenicia, s. IV-III aC
Dimensións:
Alto sen peana: 75 mm, ancho: 17 mm, espesor: 10 mm
Materiais:
Vidro
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia