Figuras

José Manuel Vidal Souto

Tenra visión dunha escena enmarcada no mundo rural ou campesiño, na que unha cría, un tenreiro, estase a amantar da nai, a vaca; unha experiencia con asombro contemplada polos nenos, significados polas súas cabezas no ángulo superior dereito. A sinuosidade das formas, enmarcadas polo trazo groso e sintético, reflicten ese inxenuismo característico do artista; a gama cromática céntrase nos verdes e sobre todo nos azuis, con toques de amarelo e vermello, acentuando a través dela e pola disposición da figuración a sensación de lembranza idílica. Asinado no a.i.d.: "Vidal Souto"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000306
Autoría: José Manuel Vidal Souto
Título: Figuras
Temas: 
Bucólico
Campestre
Natureza
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 88,5 cm Longo: 101,5 cm Fondo: 5,5 cm (con marco) Alto: 73 cm Longo: 92 cm (sen marco)
Materiais: 
Lenzo
Liño
Localización: Casa da Cuncha