Filipe II

Autoría descoñecida

Estamos diante dun retrato do rei Filipe II xa maduro; o formato é ovalado e está cortado á altura do peito. O monarca vai vestido seguindo a moda do século XVI, con traxe negro e colo branco. Retrato dunha gran sobriedade, destacando unicamente a cadea e o colgante da orde do Toisón de Ouro. Séguese o modelo que a pintora renacentista italiana Sofonisba Anguissola fixo en 1573 no retrato deste rei que se conserva no Museo do Prado. Sen asinar

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000140
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Filipe II
Temas: 
Retrato
Masculino
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 71 cm Longo: 54,5 cm (sen marco) Alto: 91 cm Longo: 73 cm Ancho: 3,5 cm (con marco)
Materiais: 
Lenzo