Flores

Virxilio Fernández Cañedo

Sinxelo bodegón composto por un vaso con flores que centra a composición e uvas no primeiro termo. Destaca o decorativismo do vaso, algo que é habitual no autor, ademais do cromatismo, a base de tonalidades cálidas, separando cun trazo máis claro as distintas flores e follas que compoñen o bodegón. Logra a sensación de profundidade a través da disposición ordenada dos distintos elementos dentro do cadro e tamén por medio da cor.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000727
Autoría: Virxilio Fernández Cañedo
Título: Flores
Temas: 
Bodegón
Técnicas: 
Acuarela
Dimensións: 
Alto: 65 cm Longo: 50 cm Sen marco Alto: 86,5 cm Longo: 71,5 cm Ancho: 3,5 cm
Materiais: 
Papel