Folla de puñal ou daga

Folla de puñal con filetes labrados na base e cun nervio central que percorre toda a peza. Non conserva empuñadura pero si os orificios e perno para o enmangue. Procede de San Martín de Lanzós  (Vilalba, Lugo) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0001167
Título: Folla de puñal ou daga
Data: Idade do bronce
Técnicas: 
Fundición
Dimensións: 
Longo: 255 mm, Ancho: 47,5 mm, Espesor: 4,7 mm, Peso: 148 g
Materiais: 
Bronce