Gran Praza de Bruxelas

Jenaro Pérez Villaamil y Duquet

A acuarela representa unha praza chea de xente, rebumbio e actividade, amosándonos deste xeito o que sería o centro neurálxico da cidade. No primeiro termo, personaxes pouco definidos e no fondo a arquitectura enmarcando a escena. O ceo azul moi intenso aporta luminosidade á escena. O autor fixo os seus apuntes na acuarela indicando, por exemplo, o número de ventás, columnas, etc.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000298
Autoría: Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
Título: Gran Praza de Bruxelas
Temas: 
Arquitecturas e edificios
Vistas Urbanas
Data: 1835
Técnicas: 
Acuarela
Dimensións: 
Alto: 60 cm Longo: 47 cm Alto: 81 cm. Longo: 67,5 cm Ancho: 2 cm
Materiais: 
Cartón