Gravado abstracto

Leopoldo Nóvoa García

Dentro da non figuración, constante na produción de Nóvoa, insinúa formas xeométricas a través de relevos, como o rectángulo que emerxe do fondo, ou cores, como o triángulo negro, illado na superficie branquecina do cadro. Completa a composición con liñas e fendas. Asinado no a.i.d.: "Novoa 55/100"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000238
Autoría: Leopoldo Nóvoa García
Título: Gravado abstracto
Temas: 
Abstracto
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 79,5 cm Longo: 61 cm Ancho: 4 cm (con marco) Alto: 56 cm Longo: 37,5 cm (soporte) Alto: 32,5 cm Longo: 24,5 cm (prancha)
Materiais: 
Papel