Grupo de xente

Alfonso Sucasas Guerra

Nunnha escena case en penumbra, Sucasas presenta un grupo de xente que vai en procesión; as figuras, case todas mulleres agás un neno, visten de negro e apenas se distinguen os rostros dos que discorren en último termo xunto co neno que reciben unha maior iluminación. Son figuras expresionistas nas que o autor segue unha liña que pasaría desde Goya a Laxeiro pasando polo expresionismo xermano. Na marxe inferior dereita vemos un selo que dí: "Schollers Hammer"(69). Asinado no a.i.d. Comprado á Galería Citania en1981.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000771
Autoría: Alfonso Sucasas Guerra
Título: Grupo de xente
Temas: 
Relixioso
Técnicas: 
Debuxo
Dimensións: 
Alto: 20 cm Longo: 24 cm Alto: 35 cm Longo: 39 cm Ancho: 2 cm
Materiais: 
Papel
Localización: Casa da Balconada