Hasta da bandeira de Arxentina
Cándido F. Lema
Hasta da bandeira arxentina, composta de pau, pica e recatón. A pica con media lúa; o pau con seis aneis. Escudo en sobredourado enriba do primeiro anel. O pau está decorado con motivos vexetais. O recatón de forma cónica e remate esférico. Segundo a documentación, o autor é de orixe compostelá e para a súa elaboración empregou pesos desmonetizados. Doazón da Comisión Protectora da Biblioteca América en Arxentina.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1190
Título:
Hasta da bandeira de Arxentina
Data:
ca 1911
Dimensións:
Alto: 240 cm; diámetro: 4 cm
Materiais:
Prata
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
