Inmaculada
Anónimo
Seguindo o modelo iconográfico derivado de Murillo, nesta obra vemos a imaxe xuvenil da Inmaculada Concepción de pé, coas mans cruzadas diante do peito e vestida con túnica branca e manto azul, símbolos de pureza e eternidade, coroada de estrelas. A Virxe levántase sobre a esfera do mundo, onde aparece a lúa cos cornos invertidos, a cal esmaga a serpe, aludindo ao seu triunfo sobre o pecado e rodeada dun resplandor; á súa beira aparece a pomba do Espírito Santo e unha serie de anxos que a acompañan. Aparecen tamén as letanías marianas da torre e do río.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000130
Título:
Inmaculada
Temas:
Iconografía mariana
Inmaculada Concepción
Data:
1769
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 105 cm Longo: 70,5 cm (sen marco) Alto: 117,5 cm Longo: 83,5 cm Ancho: 5 cm (con marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia