Isabel II

Francisco Prats y Velasco

Representación oficial da raíña Isabel II, que segue o esquema dos retratos de Madrazo. A raíña aparece representada de medio corpo e acompañada dos emblemas reais: a coroa, á súa dereita, e o cetro, sostido na man esquerda. Ao fondo aparece a cadeira do trono e unha bandeira. En primeiro plano vemos a raíña, onde millor se pode apreciar o gusto do autor polas calidades, o coidado coas teas, as xoias e o toucado, o seu interese pola minuciosidade na reprodución dos detalles, os encaixes, a decoración da cadeira. A vestimenta da raíña en tonos claros centra a nosa mirada na figura da retratada, que destaca sobre ese fondo escuro. Asinado a. i. e.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000598
Autoría: Francisco Prats y Velasco
Título: Isabel II
Temas: 
Retrato
Feminino
Data: 1846
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 133 cm Ancho: 114 cm Profundidade: 8 cm
Materiais: 
Lenzo