Isidro Parga Pondal

José Molares
José Manuel García Iglesias

Isidro Parga Pondal naceu en Laxe en 1900 e morreu na Coruña en 1986. Desde xaneiro de 2015 contémplase un busto seu na entrada da que foi Facultade de Ciencias. É obra de José Molares (Vigo, 1961), quen o asina e data no ano 2014. Con el relaciónase nesta Universidade a recuperación do laboratorio de Casares e a posta en marcha doutro de xeoquímica así como do Mapa Xeolóxico de Galicia. Foi expulsado en 1936 por razóns políticas -era "esquerdista e galeguista"-. Destacou, posteriormente, no ámbito empresarial.

Disponse sobre un pedestal de granito en cuxa fronte hai unha placa na que se di: D. ISIDRO PARGA PONDAL/ (1900-1986)/ REFERENTE DOCENTE, CIENTÍFICO E EMPRESARIAL PARA GALICIA./ 15 de xaneiro de 2015/ Foro Enrique Peinador/Deputación Provincial da Coruña/Secretaría Xeral de Política Lingüística

R. Gurriarán, 2014: R. Gurriarán, Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal, A Coruña (Deputación Provincial), 2014.

J. R. Vidal Romani, 1984: J. R. Vidal Romani, Isidro Parga Pondal: vida y obra, Trasalba, Ourense (Fundación Otero Pedrayo), 1984

https://www.cultura.gal/es/nova/7990

http://www.josemolares.es/escultor/biografia-2/

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000879
Autoría: José Molares
Título: Isidro Parga Pondal
Temas: 
Retrato
Data: 2014
Dimensións: 
Alto: 29,5 cm    ancho: 62 cm    fondo: 33 cm 
Materiais: 
Bronce
Granito
Localización: Facultade de Química