Jaime González Carreró

Felipe Criado Martín
José Manuel García Iglesias / Francisco Díaz-Fierros

Con este retrato de Jaime González Carreró, o pintor Felipe Criado inicia unha galería pictórica dedicada aos decanos de Farmacia. O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña asumiu os custes da súa realización. Asinado no ángulo inferior esquerdo "Felipe Criado 1972".

Don Jaime González Carreró naceu en Santiago, en 1912, e morreu na mesma cidade do Apóstolo en 1986. Foi decano entre os anos 1943 e 1958. Licenciado en Farmacia pola USC, en 1931, e doutoramento pola Universidade Central en 1935, formouse inicialmente co profesor don Ricardo Montequi e en diversos laboratorios europeos de París, Aquisgran, Zúric, etc. Foi catedrático de Química Inorgánica (Xeral e Aplicada) e desenvolveu as súas investigacións no campo da Cosmética Farmacéutica, onde chegou a ser un reputado especialista e un dos asesores da importante empresa francesa Vichy. Estudou tamén problemas relacionados coa Química da silicose e divulgou aspectos variados das ciencias farmacéuticas a partir de numerosas conferencias e artigos. Polas súas recoñecidas calidades humanas e o seu longo decanato foi un dos grandes referentes da Facultade de Farmacia destes tempos.

Dátase en 1972 e o pintor parte dunha serie de recursos utilizados no retrato que, en 1957, realizara de Francisco Asorey no seu obradoiro compostelán, e que chega á Universidade en 1969 e se converte en vítor (J. M. García Iglesias, 2016, p. 329-330). Nun e no outro son pintados sentados, adoptando unha posición certamente natural e mostrando un moi realista traballo do rostro, atendendo ao natural en ambos casos. As mans, neste caso, aparecen montando unha sobre a outra. Hai aquí unha mesa con dous libros pechados, nun primeiro plano; emula ao que mostra a Asorey, onde se dispón un libro, igualmente pechado. O decano senta nunha cadeira de brazos, coas pernas cruzadas. O feito de que se vista cun simple traxe é unha cuestión que, pouco antes, en 1970, tamén propuxera o pintor López Garabal cando retratou a Pedro Pena Pérez para a galería de decanos da Facultade de Medicina (J. M. García Iglesias, 2016, p. 218).

Detéctase tamén aquí o coñecemento directo do personaxe; ten aproximadamente sesenta anos -a súa idade contra 1974-. A un lado, igualmente que no retrato de Asorey, abre o espazo a outro claramente diferenciable; se no que nos mostra ao escultor é unha vista de Compostela, neste se deixa ver un laboratorio con tres personaxes de costas, unha muller e dous homes, todos eles con bata branca; cabe, quizais, recoñecer neles a persoas moi próximas a el; ben poden ser Vicente de la Riva, desde 1941 e, sobre todo, Obdulia Carballido que, desde 1949, pasaron a ser os seus colaboradores. Tamén nesta época estableceu relacións de colaboración co profesor Bermejo, da Facultade de Química, que realizou a súa tese de doutoramento baixo a súa dirección” (F. Díaz-Fierros Viqueira, 2013). É un cadro rico en cromatismo, algo que se relacionou, pola súa intensidade, co Expresionismo.

B. Brasa Arias, 2011: B. Brasa Arias, La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971), tese de doutoramento dirixida por M. Landín Pérez e J. S. Sanmartín Míguez, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Farmacia, ttps://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/3643, 2011.

X. A. Castro, 2014: X. A. Castro, Felipe Criado. Homenaxe, catálogo da exposición, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2014.

M. E. Cortés López, 2018: X. A. Castro, Pegadas sobre papel: o gravado galego no Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, Ribeira, Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, 2018.

F. Criado e M. A. Fernán-Vello, 1987: F. Criado e M. A. Fernán-Vello, Felipe Criado, catálogo da exposición, A Coruña, Caixa Galicia, 1987.

F. Criado e J. Lens, 2004: F. Criado e J. Lens, Felipe Criado, catálogo da exposición, 1987.

F. Díaz-Fierros Viqueira, 2013: F. Díaz-Fierros Viqueira, “Jaime González Carreró”, en Álbum de Galicia, Consello da Cultura Galega, http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22213, 2013.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.

J. M. García Iglesias, 2021: J. M. García Iglesias, A Minerva Compostelá. As súas glorias, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2021.

S. García-Bodaño, 1985: S. García-Bodaño, 37 debuxos para un país, catálogo de dibujos de Felipe Criado, A Coruña, Ediciós do Castro, 1985.

R. Gurriarán, 2006: R. Gurriarán, Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago, USC, 2006.

L. Máiz Eleizegui, 1961: L. Máiz Eleizegui, Historia de la enseñanza de Farmacia en Santiago (cien años de vida de la facultad, 1857-1957), Santiago de Compostela, Facultade de Farmacia, 1961.

R. Pereiro e A. Castro, 2000: R. Pereiro e A. Castro, Felipe Criado: pinturas e debuxos: 1989-1999, catálogo da exposición, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

VV. AA., 1985: Felipe Criado. 4 variantes para 14 posibles temas, Oviedo, Centro Regional de Bellas Artes de Asturias, 1985.

VV. AA., 1993: “Felipe Criado” en Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, vol. XVI, A Coruña, Hércules, 1993, p. 173.

VV. AA., 1997: Felipe Criado, catálogo da exposición, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1997.

VV. AA., 2008: Felipe Criado, Santiago de Compostela, 2008.

VV. AA., 2011: Felipe Criado: dende as vivencias 2007-2010, catálogo da exposición, Ourense, Deputación Provincial, 2011.

VV. AA., 2014: Felipe Criado: inicio de catálogo razonado, 1952-2012, A Coruña, Deputación Provincial, 2014.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000563
Autoría: Felipe Criado Martín
Título: Jaime González Carreró
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1972
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 133 cm Ancho: 102 cm Profundidade: 6 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Farmacia