Jesús Otero Costas
Débense a Vicente Prego (1957) os retratos de Jesús Otero Costas (1942) -catedrático de Fisioloxía da Facultade de Medicina de Santiago en 1983 e decano desde 1984 a 1989-, Andrés Beiras Iglesias (1947) e Juan Jesús Gestal Otero (1947). Seguen unhas pautas similares: uso do traxe académico e medio corpo. Hai, con todo, matices diferenciais; así, o que nos mostra a Otero Costas preséntase cun libro baixo o brazo e unha serie de instrumentos para o rexistro neurofisiolóxico, relacionados co quefacer deste profesor. Son, en todo caso, retratos feitos sobre personaxes que o pintor coñece persoalmente, con independencia de que tamén utilice a fotografía á hora de acometer o traballo.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, p. 221.
Gran Enciclopedia Gallega, 2004: Gran Enciclopedia Gallega, Lugo (El Progreso-Diario de Pontevedra), 2004 y ss, ), XXI, pp. 108-109.
R. Gurriarán, X. Otero Costas, J. M. García Iglesias, 2014: R. Gurriarán, X. Otero Costas, J. M. García Iglesias, A galería de decanos da Facultade de Medicina, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2014
http://galegos.galiciadigital.com/es/juan-jesus-gestal-otero.
http://coleccion.abanca.com/es/Coleccion-de-arte/Artistas/ci.Vicente-Prego.formato7